Mensaxe de agradecemento · Salustiano Mato

DSC_0153A pesar do atípico da situación, marcada pola existencia dunha única candidatura, quero agradecer a participación de toda a comunidade universitaria nestas eleccións.

Afrontamos con ilusión un novo período de goberno, no que docencia e as persoas continuarán centrando o noso foco de atención. Xuntos seguiremos apostando por prestixiar a Universidade de Vigo, especializar os nosos campus e acadar un amplo recoñecemento no contexto local e internacional.

Contamos contigo para percorrer este camiño.

Alternativa Universitaria emprega menos do 40% do orzamento concedido para a campaña

En CCSS e da comunicacion

Nos actos de peche de campaña, Alternativa Universitaria, o colectivo que lidera Salustiano Mato nas eleccións á reitoría da Universidade de Vigo, anunciou que empregou menos do 40% do orzamento concedido pola Comisión Electoral da institución para o desenvolvemento da campaña. Un exercicio de sobriedade e transparencia co que se buscou facer un uso racional dos fondos de campaña, en consonancia co contexto económico e electoral duns comicios aos que Mato concorre en solitario.

Dos 6000 euros que adxudicou a Universidade para a campaña, Alternativa Universitaria investiu 2.373,67 euros en elaboración de material, impresións, dietas de desprazamento e outros gastos derivados, polo que se retornarán 3.626,33 euros, 60,4% do total.

 Peche de actos no campus pontevedrés

A festividade da Reconquista de Vigo este venres propiciou que Alternativa Universitaria trasladase o seu peche de campaña ao Campus de Pontevedra, un acontecemento pouco frecuente nas eleccións á reitoría desta Universidade.  Así, o candidato a reitor primeiro reuniuse co persoal da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte para rematar en Ciencias Sociais e da Comunicación onde debullou os futuros plans de actuación para o campus e o papel  estratéxico que xogan os centros na posta en marcha do Campus CREA.

Vigo Tecnolóxico, a gran aposta investigadora para o vindeiro mandato

A festividade da Reconquista obrigou ao candidato a reitor a celebrar hoxe o seu último acto de campaña no campus vigués, onde pasou, pola Escola Técnica Superior de Enxeñaría de Minas, a Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo e a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.

En todas estas visitas, Mato insistiu na necesidade de impulsar a cultura da investigación, potenciando os campus de especialización, estimulando os agrupamentos e favorecendo a converxencia entre docencia e investigación.minasUnha das apostas máis singificativas do programa é o proxecto Vigo Tecnolóxico, que nace da singularidade estratéxica e potencial na investigación e a innovación do ámbito tecnolóxico do Campus de Vigo. Este proxecto, que está estruturado arredor de catro grandes áreas (emisións cero e procesos de fabricación, TIC, enxeñaría aeroespacial e bioenxeñaría), supón unha gran oportunidade para fomentar a captación de recursos no ámbito internacional.

Entre os compromisos do candidato tamén figura o potenciamento da investigación nos campos da biomediciña, o medio natural, a enerxía sostible, o ámbito xurídico e social (a través de agrupamentos que melloren a súa competitividade) e as linguas. Entre as iniciativas que permitan crear oportunidades para captar e reter o talento do persoal investigador máis novo, Mato anunciou programas específicos para a contratación de xestoras e xestores de innovación, captación e retención do talento investigador e incorporación e consolidación de tecnólogas e tecnólogos.

Máis autonomía para os campus, maior achegamento á sociedade

As propostas para os campus de Ourense e Pontevedra coas que Salustiano Mato concorre ás eleccións abriu, na xornada de hoxe mércores, un interesante debate co persoal das Facultades de Ciencias Empresariais e Turismo (Ourense) e de Belas Artes (Pontevedra) sobre a misión social que debe cumprir a Universidade .

turismo

Sobre esta cuestión, o canditato apostou por unha Universidade que contribúa a posicionar as súas cidades nun mundo global e competitivo, onde a localización xeográfica, a radicación nun espazo de talento e innovación supón un valor engadido de competitividade. Trátase, noutras palabras, de estar máis presente na vida urbana para o que Mato aposta, para a vindeira lexislatura, por mellorar a interlocución coas institucións, impulsar o establecemento dun punto de información para as empresas e institucións que desexen colaborar coa Universidade, fomentar o mecenado, harmonizar a comunicación e a imaxe institucional, fomentar as bolsas e incrementar a oferta de obradoiros e cursos de verán, así como a oferta existente en materia de deportes. 

As persoas, o activo máis valioso da Universidade

Este martes continuou a campaña electoral no campus de Vigo mantendo encontros co persoal de administración e servizos e con alumnado da institución xa que non se debe esquecer que o activo máis valioso da Universidade son as persoas.

O convenio colectivo e a actualización da relación de postos de traballo centrou boa parte da xuntanza co PAS na que candidato e traballadores tiveron a oportunidade de intercambiar opinións sobre aqueles aspectos que marcaron a actual lexislatura e as accións que deberían marcar o rumbo para os vindeiros catro anos.

PAS VIGO

Acompañado polo candidato a vicerreitor de Economía e Planificación, José Manuel García, Salustiano Mato aproveitou o encontro para recalcar a necesidade de crear un clima laboral amigable e harmónico que permita ás persoas que traballan para e por da Universidade sentirse parte dun proxecto colectivo.

Pola tarde o candidato a reitor por Alternativa Universitaria tamén se reuniu co persoal da Escola de Enxeñería Industrial (sede campus), arroupado polas docentes Asunción Longo e Gloria Pena, propostas para o posible novo equipo de goberno.

Primeiro reto cumprido

2

O prometido é débeda. Entre encontro e encontro con membros da comunidade universitaria tamén houbo tempo para cumprir o primeiro reto proposto na páxina de Facebook “Tano acepta o reto e servir os cafés de sobremesa na cafetería das Facultades de Bioloxía, Química e Ciencias do Mar do Campus de Vigo. En marcha xa está a segunda meta. Se na páxina se alcanzan os 250 “me gusta”, Salustiano Mato someterase á proba da “calculadora humana” que Jordi Hurtado utilizaba no seu concurso de “Saber y Ganar”.

Salustiano Mato lanza a campaña para o alumnado “Tano acepta o reto”

tano acepta o retoUnha campaña para o alumnado feita polo propio alumnado. Inmersos no período electoral, o equipo de Salustiano Mato acaba de pór en marcha o espazo web “Tano acepta o reto”. Trátase dunha páxina de Facebook para comunicarse fundamentalmente cos estudantes a través dunha linguaxe próxima a eles: utilizando material audiovisual- a través de vídeos-, as redes sociais e unha alta dose de humor.

O elemento principal desta campaña promocional é a páxina de Facebook “Tano acepta o reto” que, ao estilo dun xogo virtual, o candidato a reitor por Alternativa Universitaria irá cumprindo unha serie de retos que o acheguen á comunidade estudantil. Trátase de coñecer a opinión do alumnado así que cada vez que se pulse “me gusta” nesta páxina, Mato fará algo que lle permita estreitar lazos cos estudantes da Universidade. A través de vídeos que se irán colgando progresivamente, Salustiano Mato proporá retos que irá cumprindo en función dos “me gusta” conseguidos.

En 24 horas a páxina de Facebook “Tano acepta o reto” conseguiu os seus primeiros 150 “me gusta”, polo que Mato cumprirá a promesa anunciada de ir servir cafés mañá martes 25 de marzo de 14.00h a 15.00h na cafetería das Facultades de Bioloxía, Química e Ciencias do Mar do Campus de Vigo.

primeiro reto

Por e para o alumnado

O deseño da campaña correu a cargo de alumnado da propia institución, pondo de manifesto por unha banda a confianza na canteira que se forma nas aulas da Universidade e por outra, o interese de Alternativa Universitaria, e concretamente de Salustiano Mato, en conseguir a participación deste público nas eleccións a reitor do vindeiro 1 de abril.

Próxima meta: os 250 “me gusta”. Cal será o seguinte reto? Para sabelo, atent@s á páxina de Facebook!

Novos folgos para impulsar o Campus CREA

Novos folgos para novos retos. O candidato a reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, presentou esta semana o seu novo equipo de goberno, renovado case nun 70%, co que concorrerá ás eleccións do vindeiro 1 de abril. A Vicerreitoría do Campus de Pontevedra está incluída nesa renovación que pasaría da dirección de Antonia Blanco á de Juan Manuel Corbacho, actual decano da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, unha aposta de cambio para afrontar unha nova etapa no campus, a da súa especialización.

Esta singularización virá da man do Campus CREA que está dando os seus primeiros pasos neste curso académico coa creación dunha comisión de coordinación científica, con representantes de todos os centros do campus, encargada do desenvolvemento do seu plan estratéxico. Definidos catro eixes principais –arte e comunicación, saúde e deporte, educación e natureza, xestión pública e cooperación institucional- e consultado o PDI, “neste momento estamos inmersos nas consultas aos referentes sociais e económicos da contorna” para que o seguinte paso sexa harmonizar os obxectivos propostos pola comunidade universitaria cos intereses socioeconómicos “perfilando o plan final de especialización”.

Salustiano Mato e Juan Corbacho en EE Forestal

Infraestruturas específicas, tema pendente
“No campus de Pontevedra temos unha gran materia pendente, as infraestruturas específicas que cubran as necesidades dos centros”, salientou o candidato a reitor por Alternativa Universitaria ao que engadiu que a consecución de financiamento para levalas a cabo será máis factible “a través do Campus Crea” ao poder conseguir máis partidas da Xunta de Galicia, do goberno central e de proxectos europeos, como Horizonte 2020. “Por estes camiños tentaremos conseguir recursos específicos para a ampliación de Fisioterapia co seu laboratorio asistencial, para as infraestruturas que precisa a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, para os equipamentos singulares de Ciencias Sociais e da Comunicación e para poder iniciar as actuacións na futura Cidade das Artes, que tanto precisa a Facultade de Belas Artes” e que no curto prazo se irá dotando de infraestruturas de investigación xerais, como o laboratorio de documentación.

Actos de campaña
Este venres Salustiano Mato trasladou a súa campaña electoral ao campus pontevedrés para reunirse co profesorado da Escola de Enxeñaría Forestal e da Facultade de Fisioterapia, acompañado polo candidato a vicerreitor por esta cidade, Juan Manuel Corbacho. O luns 24 de marzo volve a Pontevedra para manter encontros específicos co sector PAS e co estudantado, reservando o mércores 26 para o PDI de Belas Artes e o venres 28 para o corpo docente de Ciencias da Educación e do Deporte e de Ciencias Sociais e da Comunicación.